martes, 14 de julio de 2015

Reflexión grupal sobre a sesión presencial: "O plan de empresa"

O venres 10 de xullo, dentro do Posgrado en Orientación Laboral que estamos a realizar, tivemos unha clase presencial con Fernando Agulló que versou sobre como elaborar “con prudencia” un plan de empresa; xa que, como explicou el mesmo, en termos xerais é mellor quedarse curtos/as que ser demasiado optimistas no seu deseño. Polo miúdo, trátase dun documento profesional no que as persoas emprendedoras plasman a súa idea ou oportunidade de negocio, sendo un dos seus obxectivos finais axudarlles (ou axudarnos de ser o caso) a tomar a decisión de se deben ou non montar a empresa. De feito, o referido plan pode servir para descubrir que a nosa idea de negocio non é viable e, non por iso debemos desmotivarnos, xa que podemos detectar en que falla e reconducir o noso negocio sen que este comezara aínda (téñase en conta que estamos nunha fase inicial, na que de momento non realizamos inversión ningunha).
Vídeo: Por que facer un plan de empresa?


As primeiras recomendacións que nos deu Fernando ao respecto céntranse en que debemos deseñar un documento con utilidade práctica, que ten que ser redactado de maneira sinxela, cunha estrutura equilibrada e cunha esencia moi persoal. De seguido explicounos como debe de ser a estrutura dun plan de empresa e, se ben poden atoparse maneiras moi distintas de sistematizalo, os apartados ou epígrafes recomendados a incluír foron os seguintes: introdución, estudo de mercado, plan comercial, plan de organización e recursos humanos, aspectos legais, estudo económico-financeiro, conclusións, resumo executivo e anexos.

Nesta primeira sesión presencial (que terá a súa continuidade o vindeiro fin de semana e que rematará coa elaboración dun plan de empresa por cada un dos grupos que integran o curso o día 24 de xullo), abórdanse os primeiros cincos epígrafes. Sen embargo, hai que ter moi presente que se trata dun documento dinámico que pode mudar co paso do tempo ou cando esteamos a reformular outros apartados do mencionado plan. Así, en primeiro termo, traballamos como debemos abordar a introdución deste escrito profesional:


Ilustración 1-. Esquema: INTRODUCIÓN AO PLAN DE EMPRESA


Esta primeira fase do plan é relativamente fácil de abordar, sobre todo se traballamos previamente a nosa idea empresarial coa metodoloxía Canvas (Business Model Canvas), tal e como fixemos nós [Para máis información consultar: http://www.emprenderalia.com/aprende-a-crear-modelos-de-negocio-con-business-model-canvas/].

Nun segundo momento, incidimos no estudo de mercado do plan, que parte de establecer os nosos obxectivos, describir como vai ser o entorno da nosa empresa desde distintos puntos de vista (a situación económica local, nacional, europea, etc.) e coñecer cal vai a ser o mercado: en orixe (provedores/as que nos van a subministrar), entre iguais (competidores/as) e entre clientes (hábitos de compra, uso, consumo, etc.). Así, resulta prioritario establecer como se vai levar a cabo a recollida da información, realizando unha explotación de fontes primarias ou secundarias (sendo máis habitual esta última polo seu menor custe). Ao tempo, de cara a analizar a información recollida, a metodoloxía DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) amósase como unha ferramenta moi práctica.


Ilustración 2-. Esquema: ESTUDO DE MERCADO


No tocante ao plan comercial, trátase de establecer a nosa carteira de servizos ou produtos, determinando cales son os nosos prezos, as canles de distribución, así como a comunicación e publicidade que imos levar a cabo. Neste senso, resulta fundamental acabar cunha estimación das vendas desagregadas por servizos e produtos, estimadas con anterioridade aos custes empresariais. Pero a previsión de vendas resulta difícil de determinar, tomádevos o voso tempo…

Por outra banda, o plan de organización e de recursos humanos, céntrase no proceso produtivo, nas inversións a realizar, a asunción de custes de funcionamento, as necesidades de persoal e as fontes de financiamento. Tede en conta que os investimentos ou inversións son distintos aos custes, xa que as inversións pódense reutilizar, por exemplo, coma acontecería coa compra dun ordenador.

En último termo traballaríamos cales son os aspectos legais, sendo preciso afondar neste epígrafe na forma xurídica elixida para desenvolver a nosa idea empresarial, así como nos/as socios/as, nas súas funcións, na distribución dos resultados obtidos (facendo para elo unha previsión das vindeiras anualidades ou exercicios) e na fiscalidade da empresa. Poder ser que, chegados/as a este punto, decidamos mudar a forma xurídica escollida, porque nos parece máis conveniente adoptar outra estratexia, non pasa nada, tede en conta que, como dixemos, o plan de empresa é un documento dinámico ;-)  

Peter Drucker dixo: “A mellor maneira de predecir o futuro é creándoo”. Fernando ensinounos nesta sesión que crear non significa arriscar ou simplemente intentalo. Crear significa reflexionar, valorar e mudar o plan tantas veces como sexa necesario. A idea do negocio é o resultado da creatividade, a empresa será o resultado dunha boa planificación.


Deixámosvos co storify da sesión!!! 

miércoles, 8 de julio de 2015

A adaptabilidade como recurso básico da orientación laboral




Unha das cuestións que máis me fixo reflexionar do Módulo 1 é a das competencias das persoas que exercen a profesión de orientadoras laborais, pola súa amplitude, pola súa diversidade e a súa complexidade. Traballamos con persoas e para as persoas, polo que as nosas competencias deben xirar en torno á maneira que temos de atendelas, de comprendelas e de guialas cara a busca activa de emprego. Non sé trata só de buscar información ou recursos e presentarllos ás persoas orientadas, senón que o proceso de orientación laboral, o establecemento dun itinerario personalizado de inserción, leva moito máis tras de si.

Unha das principais características das persoas que desenvolvemos a actividade profesional como “persoal técnico de orientación laboral” é a da adaptabilidade: ás persoas que acoden ao servizo, ás circunstancias do mercado laboral que nos rodea e á nosa propia realidade como persoal de orientación laboral.



Na actualidade non existe homoxeneidade nas persoas que veñen ao servizo de orientación laboral. Por iso as persoas que orientamos temos que ter os coñecementos e os recursos suficientes para saber o que temos que ofrecer a diferentes perfís profesionais. Dende persoas que están pensando en inserirse no mercado laboral por primeira vez e non teñen definido o seu obxectivo profesional; ata aquelas que, despois de levar moito tempo traballando de súpeto atópanse en desemprego e non saben como afrontar as novas “maneiras” de facelo e incluso que teñen que pensar noutras opcións profesionais. O feito de estar ante persoas diversas fai que o persoal de orientación laboral precisemos de información, formación e recursos variados que nos permitan traballar de xeito profesional sexa cal sexa o perfil profesional da persoa atendida. 




Por outra banda, o actual mercado de traballo caracterízase polo uso das novas tecnoloxías en case calquera espazo de traballo e non só iso, senón tamén na busca de información que nos permite estar ao día de todo o que acontece. As novas formas de buscar traballo requiren, das persoas que están en desemprego e das persoas que realizamos o proceso de orientación laboral, de novas habilidades e coñecementos que, de non telos, fan perder información, recursos e polo tanto oportunidades de inserción laboral. Témonos que adaptar ao novos tempos, non só polos beneficios que nos aporta como persoal de orientación, senón tamén para abrirlles as portas ás persoas orientadas. Con que lle podamos axudar a unha soa persoa neste eido o esforzo haberá valido a pena.




Ademais, a constante inestabilidade laboral das persoas que realizamos a orientación laboral, fai que teñamos que habituarnos cada pouco a diferentes espazos de traballo. Este feito ten dúas consecuencias directas, que non teñen porque ser negativas; por unha banda, a necesidade de actualización constante das persoas que desenvolvemos a orientación laboral, posto que os perfís das persoas atendidas, as estruturas de traballo e as contornas poden cambiar radicalmente e; por outra banda, aínda que nos convertemos en persoal de referencia para as persoas que acoden ao noso servizo, e se o perfil o permite, deberíamos ensinalas a ser autosuficientes e autónomas na súa procura de xeito que saiban buscala información e os recursos que precisen sen a nosa presencia constante.



Desta forma adaptámonos constantemente ás circunstancias que rodean o desenvolvemento do noso traballo e estou convencida de que o compoñente vocacional é imprescindible para que a nosa labor diaria sexa un éxito. Non porque as persoas orientadas atopen un emprego, porque nós non creamos emprego, senón porque se vaia coa mochila de ideas, recursos, información, camiños que atravesar chea de posibilidades.



Para saber máis:

Servizo Público de Emprego de Galicia
A Iniciativa Emprendedora
Bibliografía: Los Orientadores laborales


Ségueme en Twitter
Búscame no Facebook: Buscando el Norte: orienta2 hacia el empleo
Coñece o meu perfil en Linkedin

martes, 7 de julio de 2015

Reflexión marco conceptual

Dentro do marco conceptual o tema que máis me chamou a atención, quizais por ser para min o máis descoñecido foi o da iniciativa emprendedora. A diario, a orientación laboral que presto soe facer referencia á busca de emprego por conta allea, para traballar tanto na empresa privada como na administración pública. O tema do emprendemento quédame máis afastado da miña realidade, xa que no concello no que traballo hai axentes de desenvolvemento local que son os que se ocupan de todo o relacionado coa busca de emprego por conta propia.  


Coñecía algúns dos puntos básicos, como os tres elementos esenciais da iniciativa emprendedora: a idea, a persoa emprendedora e o plan de empresa, pero necesitaba afondar bastante nesta cuestión.





O plan de empresa vai servir para darlle forma á idea e convertela nun proxecto empresarial. Antes de levalo a cabo cómpre elaborar o deseño empresarial ou modelo de negocio. Unha das ferramentas que temos para elabora-lo deseño é o modelo CANVAS, ferramenta cualitativa proposta por Alexander Osterwalder en 2011, redactado a través da cooperación de 470 profesionais de 45 países. Está claro que o traballo colaborativo en rede funcionou e nos deixou como resultado un diagrama ou lenzo composto por 9 módulos: segmentos de mercado, proposta de valor, canles, relación co cliente, fontes de ingresos, recursos clave, actividades clave, aliados clave,estrutura de custos.


Se conseguimos que o noso deseño empresarial sexa o máis completo posible e responda ó maior número de cuestións das formuladas nos distintos módulos imos conseguir ter moito avanzado para a posterior elaboración do plan de empresa, ademais de poder ir vendo a viabilidade do noso proxecto empresarial.





Aínda que o plan de empresa é un traballo moi persoal e non podemos dicir que exista un modelo perfecto, si que convén, sobre todo para aquelas persoas que é a primeira vez que se enfrontan a elaboración dun proxecto deste tipo, que consulten páxinas especializadas ou bibliografía relacionada. 


Hoxe en día temos en Internet multitude de modelos e recursos relacionados co plan de empresa. Ademais hai páxinas nas que incluso se poden consultar estudos sectoriais que nos poden servir á hora de estuda-la viabilidade do noso proxecto emprendedor. Algúns enlaces relacionados coa creación de empresa son; 

http://www.creatuempresa.org/es-ES/PasoApaso/Paginas/planempresa.aspx
http://www.igape.es/es/crear-unha-empresa/crear-unha-empresa/plan-de-negocio
http://www.mcu.es/emprendedores/Inicio.html

Calquera que teña unha boa idea, uns mínimos coñecementos e, sobre todo unhas determinadas características persoais que lle dean o pulo suficiente para enfrontarse ó emprendemento pode chegar a poñer en marcha o seu proxecto de creación de empresa; sen embargo, cómpre ter coidado porque ás veces o denominado “emprendemento por necesidade” pode xogarnos malas pasadas e facer que a nosa “ansia” por saír do desemprego nos leve a non estudar co detalle necesario o noso proxecto, facer que caiamos en erros ou non teñamos en conta aspectos importantes.


Se necesitamos asesorarnos tamén contamos cunha rede de profesionais a nivel público, ós que nos podemos dirixir para que nos axuden a elabora-lo plan de empresa e estuda-la viabilidade do noso proxecto empresarial.

Así que, se tes unha idea e queres empeza-lo teu proxecto empresarial, anímate a poñelo en marcha.  

lunes, 6 de julio de 2015

Resumo, reflexións, opinións e esquemas conceptuais...

Ao longo do módulo 1 afondamos na situación do mercado laboral, coñecendo de primeira man os elementos que o integran, así como as causas e consecuencias do desemprego. Máis polo miúdo, analizamos a estrutura económica actual, valéndonos para elo da normativa existente, de ferramentas de estudo, do comportamento das ocupacións e das tipoloxías de traballo: conta propia e allea. Neste senso, pareceume enriquecedor examinar a iniciativa emprendedora como unha das formas de acceso ao mercado laboral, xa que me facía moitas preguntas sobre a mesma, e tiña unha menor experiencia profesional no tocante ao autoemprego.

A través do xogo de simulación emprendedora e a metodoloxía Canvas puiden concretar moitas das miñas dúbidas sobre como comezar a traballar a idea de negocio; resultoume unha experiencia útil e inclinou a miña balanza de cara a enfocar a temática do traballo final (xa que me pareceu un reto o feito de continuar avanzando e aprendendo, de cara a poder asesorar cun maior coñecemento a aquelas persoas que deciden montar a súa propia empresa).


A reflexión realizada na sesión presencial sobre a formulación keynesiana da demanda agregada e a capacidade que ten o goberno de actuar cando o mercado laboral non vai ben (referida ao recorte drástico do gasto público que se ven facendo nos últimos anos), púxome de moi mal humor. Xa que, como supoño que lle pasará a moitas/os compañeiras/as do curso, teño a sensación de ir cara atrás, de estar asistindo á desaparición do Estado de Benestar, e de ver como non se está a apostar por un novo modelo produtivo. Malia a que son consciente da limitación temporal deste curso ponte, gustaríame moito poder afondar ao longo das sesións presenciais sobre cal podería ser o modelo produtivo que nos axudaría a saír desta realidade endémica. 


Ao longo deste primeiro módulo tamén afondamos no marco de referencia da orientación laboral, pudendo actualizar os meus coñecementos sobre a política de emprego existente en España e Europa. Dentro dos referidos coñecementos, aproveitei sobremaneira a información transmitida sobre o programa de garantía xuvenil ao longo dos obradoiros prácticos realizados, xa que considero que existen aínda moitas lagoas a este respecto. Salientar asímesmo, que o traballo en grupo é para min o aspecto máis positivo deste curso; estou a aprender coma unha esponxa del, sobre todo das compañeiras do meu grupo Valorízate, tanto a nivel persoal como profesional.

En referencia ás competencias dixitais traballadas, estou contenta de ter ampliado os meus coñecementos, sobre todo de twitter e storify; xa que son dúas ferramentas que non estaba a utilizar e creo que teñen unha clara aplicación práctica na miña vida profesional.

[Para saber máis... sobre o cambio do modelo produtivo mencionado ao inicio desta reflexión, podería ser interesante participar en foros de debate como o propiciado pola UNED, aí vai o seu link https://twitter.com/NuevoModProduct?lang=es Que opinades?]

sábado, 4 de julio de 2015

La orientación laboral: mercado laboral y envejecimiento activo de los trabajadores por Cristina Couto

Sin duda, la crisis económica ha generado una convulsión en el mercado laboral, no sólo por el incremento de la tasa de personas desempleadas sino también por la reestructuración “mental” que hemos tenido que realizar todos los trabajadores.

Como parte de la iniciativa Europa 2020 “Una agenda para nuevas habilidades y trabajos, la Comisión Europea lanzó el proyecto “Observatorio del desarrollo del mercado laboral en Europa”. El objetivo es mantener actualizada la información sobre las vacantes de empleo, que servirá también para evitar como herramientas de alerta que permita acomodar la oferta a la demanda.
  



Surge así la necesidad de que los Estados diseñen políticas en el ámbito de la educación y la formación que permitan responder a las necesidades del mercado laboral. El asesoramiento y la orientación laboral deben acompañar a los estudiantes y a los trabajadores a lo largo de todo su recorrido profesional.

Por otra parte, en una Europa cada vez más envejecida, potenciar la cultura del reciclaje formativo continuo se hace imprescindible. El mercado laboral cambiante en el que actualmente nos movemos obliga a la formación continua de todos los trabajadores, con independencia del sector en el que actúen.

La orientación profesional debe constituir un proceso continuado en nuestras vidas. El asesoramiento podrá canalizarse en una definición de objetivos profesionales, en la planificación de una carrera profesional y, si fuera necesario, en la búsqueda de empleo.  

La orientación laboral no sólo debe aplicarse en los casos de desempleo o de riesgo de exclusión social, también debe responder al apoyo en las aspiraciones de cada uno de los trabajadores quienes, a través de la formación continua, verán progresar su conocimiento técnico y sus habilidades.

El orientador laboral debería ser una figura a utilizar por empresas, universidades y organismos públicos con el fin de garantizar una mejora en las capacidades de los trabajadores. La orientación puede ayudar a alcanzar un mayor grado de adaptabilidad en la estructura económica y social, facilitando que los trabajadores se adapten a los entornos laborales existentes en cada momento. 

El orientado también nos puede acompañar en otras opciones de formar parte del mercado laboral. No sólo tenemos que pensar en conseguir un contrato de trabajo sino que también podemos "crear" nuestra propio puesto de trabajo.



El emprendimiento y el trabajo por cuenta propia pueden contribuir a crear puestos de trabajo y a desarrollar nuevas aptitudes. Esta afirmación la hemos visto claramente desarrollada a través del método CANVAS que nos ha demostrado que, con creatividad y "sentido común", podemos llegar a tener una oportunidad de formar parte de la economía y de la sociedad.

La estrategia Europa 2020 reconoce también la importancia del emprendimiento y el trabajo por cuenta propia y dedica varias iniciativas emblemáticas a tratar estos aspectos: Agenda de nuevas cualificaciones y empleos, Juventud en Movimiento y Plataforma Europea contra la Pobreza y la Exclusión Social.

Entre los obstáculos que encontramos para lanzarnos a emprender se encuentra la definición clara del tipo de negocio o la financiación. El primero ya hemos visto que es fácilmente superable si seguimos una buena metodología que nos permita ser analíticos con nuestra futura empresa.

Respecto al segundo, debemos buscar las fuentes de financiación, si fueran necesarias, que garanticen larga vida a nuestra empresa. Las ayudas pueden provenir de entidades públicas o privadas, pero no debemos olvidar que la Unión Europea también nos facilita fuentes de financiación que puedan apoyar nuestro proyecto: Fondo Social Europeo, FEDER y el Instrumento Europeo de Microfinanciación.



Bien como empleados bien como emprendedores, los impedimentos iniciales, ya sean administrativos, técnicos o económicos, podrán ser superados con éxito con la orientación y asesoramiento adecuados. Podemos eliminar barreras. ¿Te animas?

Estrategia Europa 2020
Agenda de nuevas cualificaciones y empleos
Juventud en Movimiento: iniciativas sobre educación y empleo
Plataforma Europea contra la Pobreza y la Exclusión Social
Fondo Social Europeo
Fondo Europeo de Desarrollo Regional
Instrumento Europeo de Microfinanciación

viernes, 3 de julio de 2015

Una nube europea de intereses por Cristina Couto

Estas son mis principales áreas de interés:



La estrella aúna la diversidad que engloba la Unión Europea. La actual Europa está conformada por Instituciones europeas, pero, fundamentalmente, está conformada por ciudadanos europeos de 28 Estados miembros que comparten una bandera común representada por 12 estrellas.

¿En qué piensan los ciudadanos europeos cuando piensan en Europa?: algunos piensan en una moneda común, el Euro. Otros se identifican con la movilidad bien sea para estudiar, trabajar o vivir en otro país de la Unión Europea. La mayoría de nosotros reconocemos Europa en los estudiantes Erasmus que simbolizan la diversidad cultural y lingüística existente en el territorio europeo.


Todas las Europas constituyen una única Unión Europea en constante proceso de construcción a través del debate europeo. 



Un tema de debate, ¿debatimos?





A miña realidade diaria. Nube de intereses de Margarita


Estas son as miñas principais áreas de interese ou máis:



O meu tagxedo, simbolizado por unha chave fai referencia á miña realidade laboral diaria. Como orientadora recibo todos os días a persoas desempregadas que traen como chave a súa formación, experiencia, capacidades, habilidades, características de personalidade, coñecementos adquiridos por calquera vía…  O seu obxectivo profesional pasa porque a súa chave atope unha pechadura na que encaixar e poder abri-la porta do seu futuro laboral. Ás veces isto vólvese complicado por distintos motivos: non saben a que portas chamar, as portas están pechadas e non saben como abrilas, para consegui-la combinación da pechadura fáltalles algunha cousa: formación, mobilidade, dispoñibilidade horaria, saber vende-los seus coñecementos…


Aquí é onde pode ser útil o meu traballo, prestarlle información, asesoramento e acompañamento na súa busca de emprego para que atopen as portas e as pechaduras máis axeitadas segundo a “chave” de cada persoa, tendo en conta as súas características persoais e profesionais, intereses, vida familiar…  


O meu tagxedo componse de varias palabras, unhas escritas en maiúscula e outras en minúscula. As minúsculas representan as demandas das persoas que se achegan ó servizo de orientación, ás veces as nomenclaturas que empregan non son as correctas, ou non saben moi ben como definir as súas necesidades, consultas, dúbidas… As maiúsculas pretenden reflectir de xeito máis profesional esas peticións que proveñen das persoas a orientar.






Nube de intereses de Sonia Blanco

Estas son as miñas principais áreas de interese:





Dende o meu punto de vista a orientación laboral é un proceso que debería existir ao longo da vida profesional dunha persoa, non só cando se atopa en desemprego, senón tamén como una posibilidade de mellora continua, de aprendizaxe, de coñecer os recursos existentes e de establecer un itinerario personalizado de inserción (ou de mantemento do emprego).

Por iso, as palabras, intereses ou valores que para min deben acompañar este servizo son: continuidade, constancia, aprendizaxe, rede, capacidades, ferramentas, etc. Aínda que creo que a principal palabra debería ser resiliencia, definida como a capacidade que teñen as persoas de poñerse en pé cada vez que caen. Neste mundo que nos rodea, laboral ou persoal, deberíamos ser capaces de aprender dos erros, de avaliar as posibilidades e de reorientar as nosas expectativas e tirar cara adiante en cada momento.

A nube de intereses de Paula

Estas son as miñas principais áreas de interese:


Os meus intereses profesionais forman parte da miña identidade, do que me gusta facer e definen a miña maneira de ver o mundo, velaí que escollera a imaxe dunha man para representalos. Gústame a rama do social e traballar coas persoas e, en concreto todo o vinculado á igualdade de oportunidades e á orientación laboral. Neste senso, a socioloxía proporcióname as ferramentas para detectar as necesidades existentes nestas dúas áreas profesionais, sempre intentando manter os pes no chan e tendo en conta cales son as percepcións e os sentimentos das/os demais.

Así, traballar en contacto coas persoas é para min un proceso enriquecedor, xa que tes que comprender distintas realidades que, nun principio, son alleas a ti; tamén tes que ser capaz de entender as súas situacións, isto é, ter empatía co teu entorno profesional. Ao tempo, se queres que as circunstancias das persoas coas que traballas mude, paréceme fundamental incidir nun proceso de empoderamento, segundo o cal os individuos adquiren poder e independencia a medida que confían nas súas posibilidades, e impulsan cambios positivos na súa vida persoal, familiar ou laboral.


Ségueme en twitter