viernes, 3 de julio de 2015

A miña realidade diaria. Nube de intereses de Margarita


Estas son as miñas principais áreas de interese ou máis:



O meu tagxedo, simbolizado por unha chave fai referencia á miña realidade laboral diaria. Como orientadora recibo todos os días a persoas desempregadas que traen como chave a súa formación, experiencia, capacidades, habilidades, características de personalidade, coñecementos adquiridos por calquera vía…  O seu obxectivo profesional pasa porque a súa chave atope unha pechadura na que encaixar e poder abri-la porta do seu futuro laboral. Ás veces isto vólvese complicado por distintos motivos: non saben a que portas chamar, as portas están pechadas e non saben como abrilas, para consegui-la combinación da pechadura fáltalles algunha cousa: formación, mobilidade, dispoñibilidade horaria, saber vende-los seus coñecementos…


Aquí é onde pode ser útil o meu traballo, prestarlle información, asesoramento e acompañamento na súa busca de emprego para que atopen as portas e as pechaduras máis axeitadas segundo a “chave” de cada persoa, tendo en conta as súas características persoais e profesionais, intereses, vida familiar…  


O meu tagxedo componse de varias palabras, unhas escritas en maiúscula e outras en minúscula. As minúsculas representan as demandas das persoas que se achegan ó servizo de orientación, ás veces as nomenclaturas que empregan non son as correctas, ou non saben moi ben como definir as súas necesidades, consultas, dúbidas… As maiúsculas pretenden reflectir de xeito máis profesional esas peticións que proveñen das persoas a orientar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario