Dentro do marco conceptual o tema que máis me chamou a atención, quizais por ser para min o máis descoñecido foi o da iniciativa emprendedora. A diario, a orientación laboral que presto soe facer referencia á busca de emprego por conta allea, para traballar tanto na empresa privada como na administración pública. O tema do emprendemento quédame máis afastado da miña realidade, xa que no concello no que traballo hai axentes de desenvolvemento local que son os que se ocupan de todo o relacionado coa busca de emprego por conta propia.
Coñecía algúns dos puntos básicos, como os tres elementos esenciais da iniciativa emprendedora: a idea, a persoa emprendedora e o plan de empresa, pero necesitaba afondar bastante nesta cuestión.
O plan de empresa vai servir para darlle forma á idea e convertela nun proxecto empresarial. Antes de levalo a cabo cómpre elaborar o deseño empresarial ou modelo de negocio. Unha das ferramentas que temos para elabora-lo deseño é o modelo CANVAS, ferramenta cualitativa proposta por Alexander Osterwalder en 2011, redactado a través da cooperación de 470 profesionais de 45 países. Está claro que o traballo colaborativo en rede funcionou e nos deixou como resultado un diagrama ou lenzo composto por 9 módulos: segmentos de mercado, proposta de valor, canles, relación co cliente, fontes de ingresos, recursos clave, actividades clave, aliados clave,estrutura de custos.
Se conseguimos que o noso deseño empresarial sexa o máis completo posible e responda ó maior número de cuestións das formuladas nos distintos módulos imos conseguir ter moito avanzado para a posterior elaboración do plan de empresa, ademais de poder ir vendo a viabilidade do noso proxecto empresarial.
Aínda que o plan de empresa é un traballo moi persoal e non podemos dicir que exista un modelo perfecto, si que convén, sobre todo para aquelas persoas que é a primeira vez que se enfrontan a elaboración dun proxecto deste tipo, que consulten páxinas especializadas ou bibliografía relacionada.
Hoxe en día temos en Internet multitude de modelos e recursos relacionados co plan de empresa. Ademais hai páxinas nas que incluso se poden consultar estudos sectoriais que nos poden servir á hora de estuda-la viabilidade do noso proxecto emprendedor. Algúns enlaces relacionados coa creación de empresa son;
http://www.creatuempresa.org/es-ES/PasoApaso/Paginas/planempresa.aspx
http://www.igape.es/es/crear-unha-empresa/crear-unha-empresa/plan-de-negocio
http://www.mcu.es/emprendedores/Inicio.html
http://www.creatuempresa.org/es-ES/PasoApaso/Paginas/planempresa.aspx
http://www.igape.es/es/crear-unha-empresa/crear-unha-empresa/plan-de-negocio
http://www.mcu.es/emprendedores/Inicio.html
Calquera que teña unha boa idea, uns mínimos coñecementos e, sobre todo unhas determinadas características persoais que lle dean o pulo suficiente para enfrontarse ó emprendemento pode chegar a poñer en marcha o seu proxecto de creación de empresa; sen embargo, cómpre ter coidado porque ás veces o denominado “emprendemento por necesidade” pode xogarnos malas pasadas e facer que a nosa “ansia” por saír do desemprego nos leve a non estudar co detalle necesario o noso proxecto, facer que caiamos en erros ou non teñamos en conta aspectos importantes.
Se necesitamos asesorarnos tamén contamos cunha rede de profesionais a nivel público, ós que nos podemos dirixir para que nos axuden a elabora-lo plan de empresa e estuda-la viabilidade do noso proxecto empresarial.
Así que, se tes unha idea e queres empeza-lo teu proxecto empresarial, anímate a poñelo en marcha.
Así que, se tes unha idea e queres empeza-lo teu proxecto empresarial, anímate a poñelo en marcha.


No hay comentarios:
Publicar un comentario