viernes, 3 de julio de 2015

Nube de intereses de Sonia Blanco

Estas son as miñas principais áreas de interese:





Dende o meu punto de vista a orientación laboral é un proceso que debería existir ao longo da vida profesional dunha persoa, non só cando se atopa en desemprego, senón tamén como una posibilidade de mellora continua, de aprendizaxe, de coñecer os recursos existentes e de establecer un itinerario personalizado de inserción (ou de mantemento do emprego).

Por iso, as palabras, intereses ou valores que para min deben acompañar este servizo son: continuidade, constancia, aprendizaxe, rede, capacidades, ferramentas, etc. Aínda que creo que a principal palabra debería ser resiliencia, definida como a capacidade que teñen as persoas de poñerse en pé cada vez que caen. Neste mundo que nos rodea, laboral ou persoal, deberíamos ser capaces de aprender dos erros, de avaliar as posibilidades e de reorientar as nosas expectativas e tirar cara adiante en cada momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario