Unha das cuestións que máis me fixo reflexionar do Módulo 1 é a das competencias das persoas que exercen a profesión de orientadoras laborais, pola súa amplitude, pola súa diversidade e a súa complexidade. Traballamos con persoas e para as persoas, polo que as nosas competencias deben xirar en torno á maneira que temos de atendelas, de comprendelas e de guialas cara a busca activa de emprego. Non sé trata só de buscar información ou recursos e presentarllos ás persoas orientadas, senón que o proceso de orientación laboral, o establecemento dun itinerario personalizado de inserción, leva moito máis tras de si.
Unha das principais características das persoas que desenvolvemos a actividade profesional como “persoal técnico de orientación laboral” é a da adaptabilidade: ás persoas que acoden ao servizo, ás circunstancias do mercado laboral que nos rodea e á nosa propia realidade como persoal de orientación laboral.
Na actualidade non existe homoxeneidade nas persoas que veñen ao servizo de orientación laboral. Por iso as persoas que orientamos temos que ter os coñecementos e os recursos suficientes para saber o que temos que ofrecer a diferentes perfís profesionais. Dende persoas que están pensando en inserirse no mercado laboral por primeira vez e non teñen definido o seu obxectivo profesional; ata aquelas que, despois de levar moito tempo traballando de súpeto atópanse en desemprego e non saben como afrontar as novas “maneiras” de facelo e incluso que teñen que pensar noutras opcións profesionais. O feito de estar ante persoas diversas fai que o persoal de orientación laboral precisemos de información, formación e recursos variados que nos permitan traballar de xeito profesional sexa cal sexa o perfil profesional da persoa atendida.
Por outra banda, o actual mercado de traballo caracterízase polo uso das novas tecnoloxías en case calquera espazo de traballo e non só iso, senón tamén na busca de información que nos permite estar ao día de todo o que acontece. As novas formas de buscar traballo requiren, das persoas que están en desemprego e das persoas que realizamos o proceso de orientación laboral, de novas habilidades e coñecementos que, de non telos, fan perder información, recursos e polo tanto oportunidades de inserción laboral. Témonos que adaptar ao novos tempos, non só polos beneficios que nos aporta como persoal de orientación, senón tamén para abrirlles as portas ás persoas orientadas. Con que lle podamos axudar a unha soa persoa neste eido o esforzo haberá valido a pena.
Ademais, a constante inestabilidade laboral das persoas que realizamos a orientación laboral, fai que teñamos que habituarnos cada pouco a diferentes espazos de traballo. Este feito ten dúas consecuencias directas, que non teñen porque ser negativas; por unha banda, a necesidade de actualización constante das persoas que desenvolvemos a orientación laboral, posto que os perfís das persoas atendidas, as estruturas de traballo e as contornas poden cambiar radicalmente e; por outra banda, aínda que nos convertemos en persoal de referencia para as persoas que acoden ao noso servizo, e se o perfil o permite, deberíamos ensinalas a ser autosuficientes e autónomas na súa procura de xeito que saiban buscala información e os recursos que precisen sen a nosa presencia constante.
Desta forma adaptámonos constantemente ás circunstancias que rodean o desenvolvemento do noso traballo e estou convencida de que o compoñente vocacional é imprescindible para que a nosa labor diaria sexa un éxito. Non porque as persoas orientadas atopen un emprego, porque nós non creamos emprego, senón porque se vaia coa mochila de ideas, recursos, información, camiños que atravesar chea de posibilidades.
Para saber máis:
Servizo Público de Emprego de Galicia
A Iniciativa Emprendedora
Bibliografía: Los Orientadores laborales
Ségueme en Twitter
Búscame no Facebook: Buscando el Norte: orienta2 hacia el empleo
Coñece o meu perfil en Linkedin
Para saber máis:
Servizo Público de Emprego de Galicia
A Iniciativa Emprendedora
Bibliografía: Los Orientadores laborales
Ségueme en Twitter
Búscame no Facebook: Buscando el Norte: orienta2 hacia el empleo
Coñece o meu perfil en Linkedin



No hay comentarios:
Publicar un comentario