Estas son as miñas principais áreas de interese:
Os meus intereses profesionais forman parte da miña identidade, do que me gusta facer e definen a miña maneira de ver o mundo, velaí que escollera a imaxe dunha man para representalos. Gústame a rama do social e traballar coas persoas e, en concreto todo o vinculado á igualdade de oportunidades e á orientación laboral. Neste senso, a socioloxía proporcióname as ferramentas para detectar as necesidades existentes nestas dúas áreas profesionais, sempre intentando manter os pes no chan e tendo en conta cales son as percepcións e os sentimentos das/os demais.
Así, traballar en contacto coas persoas é para min un proceso enriquecedor, xa que tes que comprender distintas realidades que, nun principio, son alleas a ti; tamén tes que ser capaz de entender as súas situacións, isto é, ter empatía co teu entorno profesional. Ao tempo, se queres que as circunstancias das persoas coas que traballas mude, paréceme fundamental incidir nun proceso de empoderamento, segundo o cal os individuos adquiren poder e independencia a medida que confían nas súas posibilidades, e impulsan cambios positivos na súa vida persoal, familiar ou laboral.
Ségueme en twitter

No hay comentarios:
Publicar un comentario